26/8/11

Way to Castiltejón


O vindeiro 5 de setembro daremos inicio á primeira escavación arqueolóxica na Fronte Norte, dirixida polos compañeiros neixonenses Eduardo González Gómez de Agüero e Víctor Bejega García (Universidade de León). Xa tedes información no blogue www.guerraenlauniversidad.blogspot.com, portal que servirá de voceiro ás intervencións integradas no proxecto de Arqueoloxía da guerra civil dirixido por Alfredo González Ruibal. Mentres nós estamos a máis de 1000 metros, outro equipo seguirá ao mesmo tempo cos traballos en Abánades, en posicións vencelladas á batalla de Guadalajara. O 21 de setembro xuntarémonos todos para irmos aos escenarios da batalla do Ebro.

Fotografía: Posición republicana no cumio de Castiltejón, onde terá lugar a escavación.

A derrota


O traballo de recuperación da memoria histórica coordenado dende 2008 polos investigadores neixonenses Pedro Fermín Maguire e Manoel Antonio Franco Fernández permitiu achegarnos ao entramado carcerario franquista na guerra civil. Velaquí está unha fotografía do arquivo familiar de Manuel Lustres (Benivás, Cespón). No reverso podemos ler: La Guardia del campo de Rianjo frente al chalé Baltar. Trala derrota veu a represión. Os ex-soldados republicanos da Fronte Norte eran clasificados e identificados como paso previo á súa condea, que podía ser o paredón, os campos de redencións de penas, o cárcere ou a depuración administrativa. Moitos iniciaban un periplo coñecido como turismo concentracionario, como ben está a estudar Pedro Fermín.
Pero antes das represión, estes homes viviran dous tempos moi diferentes: a loita e a derrota. A esa época retrocederemos no marco do proxecto Ruin of Memories da man de Alfredo Gonzñlez Ruibal (Incipit, CSIC) a partir do 5 de setembro vindeiro. En vez de turismo concentracionario imos facer turismo da Arqueoloxía da guerra civil. E para iso iremos ás estribacións dos Picos de Europa, ao Porto de San Isidro.

25/8/11

Campo de concentración



Era ya de día y el pueblo de Rianjo sabía de nuestra partida. Al pasar por sus calles, las jóvenes que tenían 'ahijados' en la expedición, se despedían de ellos desde las puertas y las ventanas de las casas. Les llamaban por el nombre, les decían 'adiós' y les pedían que les escribiesen cuando pudiesen. Un hecho sin importancia como éste, no le gustó al alférez, el cual ordenó al sargento: 'Tome nota de esas rojas que luego les daremos un escarmiento'. Este consistió, según se supo después por cartas, en una paliza, una dosis abundante de aceite de ricino y corte del pelo al cero.

Testemuño de Llera Iglesias recollido en X. Comoxo, X. Costa e X. Santos (2003): Rianxo na Guerra Civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra. 1937-1939. Noia: Concello de Rianxo: páx. 38.
Cando caiu a Fronte do Norte en outubro de 1937, presos republicanos asturianos e leoneses foron confinados nas Rías Baixas en campos coma o de Rianxo.
Os presos, enfermos, cheos de piollos e outros parásitos, eran levados a bañarse no mar ao pé do peirao. Dende alí vían de fronte os Castros de Neixón. No campo de concentración do Castelo, en Rianxo, morreron, de enfermidade e trato inhumano, á marxe da Convención de Xenebra, quince homes (que se saiba):

Anselmo Borbolla Cabezas (8-12-1937)
Antonio Ojeda Otero (20-12-37)
Julio Tresguerres Brabo (2-1-1938)
Narciso Pendás García (2-1-1938)
José Bravo Feito (7-1-1938)
Óscar Menéndez Menéndez (12-2-1938)
Andrés de la Torre Fernández (28-2-1938)
Bartolomé Pérez Muñoz (24-9-1938)
Basilio Poyatos del Pozo (17-12-1938)
José Castello Vals (24-12-1938)
Juan Velasco Pérez (26-12-1938)
Juan Grau Oller (8-1-1939)
Juan Solías Abert (26-1-1939)
Rafael Fernández Boquete (25-3-1939)
Hermenegildo Pubill Juvilla (6-4-1939)

(Listado tomado de X. Comoxo, X. Costa, X. Santos, op. cit.: páxs. 74-76.

Algúns deles loitaron até a fin defendendo os portos da cordilleira cantábrica para evitar a ofensiva final franquista en setembro de 1937.

Fotografía de Xurxo Ayán: ruínas do campo de concentración de Rianxo. As pedras da paredes estradas polo chao, agora un solar onde se ergue unha moderna urbanización. Xuño de 2007.

23/8/11

O negro da máquina


En Guinea Ecuatorial non existen os xornais. Os kioskos que se poden atopar por Malabo adiante foron traídos directamente de España pola flamante directora da Biblioteca Nacional, Guillermina Mekuy, seguindo o modelo madrileño de Esperanza Aguirre.
Nestes tenderetes o cidadán non atopa nin un mísero remedo de prensa escrita, agás o panfleto da Gaceta de Guinea Ecuatorial. As estanterías están ateigadas de exemplares do bestseller “Mi vida por mi Pueblo”, manifesto político do ditador Obiang, excelso volume ao que acompaña a última novela dunha escritora emerxente ecuatoguineana, que non é outra ca a antedita directora da Biblioteca Nacional. A semana pasada, esta Guillermina Mekuy, protexida de Obiang, era entrevistada na Radio Nacional española (Radio-5). A canle pública española dando pábulo (e noxo) á literatura oficial de Guinea ecuatorial.
Na outra estrema, o pasado 22 de xullo daba unha conferencia na Universidade de Santiago de Compostela, convidado pola Hofsfra University de Nova Iorque, o escritor ecuatoguineano Juan Tomás Ávila Laurel, exilado en Barcelona dende hai uns meses. Activista a prol dos dereitos humanos, este home oriundo da illa de Annobón leva anos denunciando con valentía as tropelías da demencial ditadura de Obiang, guindando á rede pequenas xoias ensaísticas no blog da revista dixital FronteraD. Na súa charla na Facultade de Ciencias Políticas decidiu comezar comentando un pequeno vídeo clandestino que amosa o brutal contraste entre a mísera vida cotiá do pobo ecuatoguineano (como ben resumiu Juan Tomás, “en Guinea hay poquedad de todo”) e a megalomanía dun rexime que liquida os cartos do petróleo na construción de grandes recintos e escenografías inútiles para acoller o cumio da Unión Africana ou a vindeira Copa de África.
Seica un dos mellores falsificadores de documentos oficiais da Europa occidental reside dende hai tempo na cidade da Coruña. Africano subsahariano, é ben coñecido por xuíces e avogados que se adican a defender os intereses de bancos e administracións timadas pola mestría deste home. Coa que está caíndo, non deixa de caír ben este inmigrante artesán que inventa dende certificados de matriculación de coches que non existen no mercado até documentos nacionais de identidade. Este insigne falsificador corre pola cidade herculina co apodo de “o negro da máquina”. O escritor ecuatoguineano Juan Tomás vén sendo o negro da máquina da loita pola liberdade, xa que da súa vella máquina de escribir, a proba de cortes de luz, teñen saído poemarios e novelas que amosan os anceios do pobo común do seu asoballado país. De feito, fai realidade o dito co que o sátrapa Obiang pecha o seu panfleto “Mi vida por mi pueblo”: “las palabras existen para defender la verdad, no para ocultarla”.
Publicado orixinariamente en Galicia Confidencial

Fotografía: obradoiro arqueolóxico para escolares na illa de Mandji, durante o noso proxecto de escavación en febreiro deste ano. Guinea Ecuatorial ocupa o último posto en educación da ONU e o mesmo Goberno marxinaliza o ensino nas comunidades periféricas coma unha ferramenta máis de control da poboación. Estes nenos e nenas apenas saben ler, escribir nin mesmo debuxar.

A vida dos arqueólogos


En La Vanguardia vén de publicarse unha reportaxe sobre a vida dos arqueólogos. Nela lemos unha interesante reflexión dun colega de profesión:

Cada vez es más difícil justificar unas excavaciones. Sólo se mira lo práctico: la posibilidad de hacer un parque arqueológico, en lugar de valorar el conocimiento en sí. La ciencia española está volcada en lo de siempre: hacer edificios y que el político salga en la foto. Las autoridades no se dan cuenta del poder económico que tiene un descubrimiento. Es muy importante proteger y cuidar nuestro legado cultural. Se puede sacar partido.

http://www.lavanguardia.com/20110819/54201191791/la-vida-de-los-arqueologos.html#.TlJyul6jG_8.facebook

19/8/11

Un buzo imperial


O Poder crea auténticos seres que devalan entre o gore, o kistch e o patético. Velaquí tedes a Putin, o ex da KGB, reconvertido en arqueólogo acuático polo destino. A sorte puxo nas súas mans dúas ánforas, agochadas no Mar Negro durante séculos, até que o novo zar, intuitivo e xenial, deu casualmente con elas. Este buzo imperial é o protagonista dunha manobra de exaltación do Poder chabacana a máis non poder, pero evidencia un fenómeno que cada vez se dá máis: o apego dos poderosos polas pezas antigas, polo mundo clásico. No Museo Nacional de Bulgaria abriuse unha exposición sobre tesouros tracios grazas a un dos meirandes mafiosos do país, que leva unha longa traxectoria de furtivo destruíndo o Patrimonio arqueolóxico nacional. Pola contra, a exposición está presidida por un grande cartel no que se lle dá as gracias a este prócer da Patria por permitir que o público búlgaro poida desfrutar da súa colección privada.

11/8/11

Columpiándose co Patrimonio


Así e todo, ningún sitio chega ao nivel dos castros de Neixón, a tres días da Romaría popular de Neixón, a celebrar este domingo.

Plan E



A Cova da Moura en Argalo (Noia) ofrece outro espectáculo nestes tempos de crise. Para combater o modelo produtivo do ladrillazo o Plan E bota man da construción en áreas arqueolóxicas. Máis de 130.000 euros para acondicionar a contorna do dolmen. Claro, o que teñen que saber vostedes é aquela lei de Murphy que di que onde hai unha necrópole megalítica hai un campo de fútbol e un camposanto novo. E este é o caso. Empregando como excusa o vello dolmen, aproveitamos para asfaltar, cementar, facer un parque innecesario con lonxanas referencias arqueolóxicas (esas vivendas circulares castrexas) e así todos contentos, as construtoras, os veciños e o concello. Así se xestiona o Patrimonio arqueolóxico en tempos de crise.

Chevaux de frise


Ao castro de Baroña non lle faltaban defensas, precisamente. A súa escenografía, a súa poliercética, as súas murallas e foxos vénse complementadas pola súbita aparición nestes meses estivais dun recurso defensivo caracterítico do SE galaico: as pedras fincadas ou chevaux-de frise. Aos visitantes de Baroña, deulles a nacida (xa o ano pasado acontecía) de facer estes milladoiros espontáneos con coios da praia, mais tamén no interior do propio castro con cachote desprendido dos muros. Isto é o que os arqueólogos pedantes coma nós chamamos procesos de patrimonialización. Para outros é arte efémera. Para outros un patético caso de contaxio dos rituais estúpidos levados a cabo por peregrinos que leron demasiado a Paulo Coelho. Sexa como for mañá ímonos divertir no castro de Baroña vendo as reaccións do público asistente ás X Xornadas de Historia e Cultura, entre os cales haberá arqueólogos e arqueólogas de todas as castes e liñaxes.

A Cidá


A escasos kilómetros do arqueódromo atópase o castro de A Cidá, un lugar central do Barbanza nos séculos II-I a. C. Un pedazo xacemento que se atopa a monte como alguén lembra neste cartel atrapaturistas. A pregunta é obvia: o investimento do arqueódromo non se podería ter levado a cabo na Cidá, que é verdadeiro Patrimonio Arqueolóxico? A resposta dos políticos sería máis obvia todavía: si, pero todos os requisitos que pón Patrimonio impiden calquer iniciativa que nos permita facer na Cidá o que fixemos en San Roque. Este círculo vicioso leva ao que leva. O que está claro é que moitos visitantes teñen unha experiencia satisfactoria no arqueódromo (feito á marxe da Arqueoloxía científica) coas casiñas mentireiras dos pitufos, en comparación coa imaxe que reciben visitando a Cidá ou os castros de Neixón.

Parque Xurásico


Antonte adicamos todo o día a facer unha xeira arqueolóxica polo Barbanza, nunha semana na que hai overbooking nos xacementos desta zona de Galicia, entre rutas, promocións turísticas e congresos. Todo este amplo abano de actividades semella reflectir un excelente modelo de xestión do Patrimonio arqueolóxico barbanzónico, ou non? Velaquí vai a primeira pílula de realidade. O arqueódromo periurbano de San Roque en Ribeira, unha escenografía para o lecer de indubidable éxito (véxase o señor botando unha siesta postalbariño brutal), promocionada polos políticos locais no seu día coma unha reacción á creación por parte da Xunta do Centro Arqueolóxico de Barbanza en Boiro. Para contrarrestar esta afrenta, botouse man dos obradoiros de canteiría e xa sabemos que a imaxinación dos canteiros galegos é infinda e proverbial. A este respecto, o falso parque arqueolóxico de San Roque ten un problema: confunde e fai confundir aos visitantes, até o punto de que existe un centro de interpretación de algo que non ten 10 anos, até o punto de que os carteis ao pé do castro recreado con rebarbadora aconsellan ao turista non pisar os muros do reconstruído para preservar os restos, como se fosen auténticos e milenarios. Así pasa que unha rapaza manchega se pasase cinco minutos procurando las piedras originales, las de verdad.

En busca de los concheros perdidos


Os nosos compañeiros neixonenses Víctor Bejega e Eduardo González impartirán mañá unha ponencia sobre o marisqueo e a pesca nos castros galegos, no marco das X Xornadas de Historia e Cultura que se están celebrando na Casa da Cultura de Porto do Son, ás 17:00 horas.

http://arqueomalacologia.blogspot.com/

Tedes un seguimento diario destas xornadas no xornal certo.

10/8/11

Arqueoloxía de verdade






Sábado á tardiña no castro da Mesa de Miranda en Chamartín de la Sierra (Ávila). Os organizadores do Congreso de Arqueología acadan plenamente a implicación da comunidade local. Duascentas persoas achegáronse ao xacemento para escoitar aos arqueólogos e participar nas actividades noitaregas no castro (escenificacións, cea vettona, etc...). Houbo intres máxicos. Perto do solpor, baixo unha enciñeira, escoitabamos o bruar do aire, os balidos das vacas alá no fondo, na vella estancia gandeira de Mesa de Miranda, hoxe abandoada. A paisaxe. A xente. Juan Pablo López nun discurso maxistral, emotivo e suxerente, explicábanos o achádego do castro, nos anos 30, polo veterinario Antonio Molinero, e as primeiras achegas doutro personaxe mítico da Arqueoloxía española: Juan Cabré. Estes arqueólogos do proxecto da Mesa de Miranda fan Arqueoloxía da boa, da verdade, científica, social, aberta a todos. Con xente así aínda queda esperanza.

8/8/11

Arqueoloxía da Arquitectura


Os organizadores do II Congreso de Arqueología de Chamartín. Nuevos paradigmas en la investigación arqueológica, os entusiastas mozos arqueólogos David Hernández e Juan Pablo López, convidáronnos a participar na sesión Arqueoloxía da Arquitectura, onde levamos a cabo unha síntese crítica desta liña de traballo desenvolta en Galicia polo noso Laboratorio a finais da década de 1990. Con Rebeca Blanco, Sonia García e Patricia Mañana encetamos daquela o proxecto Arqueotectura, aplicándoo nos últimos anos aos eidos da Arquitectura histórica e a arquitectura megalítica e da Idade do Ferro. En Chamartín falamos de Borneiro, de Punta dos Prados, de Castrolandín, de Montealegre, do castro de Vigo, da Lanzada, do castro de Besomaño, do castro Ventosa... e por suposto, de Neixón. Lugares aos que nos sentimos vencellados máis alá da Arqueoloxía convencional.

Lugnasad




Como no caso do Oenach Atlántico de Narón, ou na Festa do Beltaine de Santa Comba a comunidade local de Chamartín leva a cabo o seu particular Lugnasad vetón. O proceso de patrimonialización do pasado protohistórico é aquí especialmente interesante xa que o pobo conta cunha Aula Arqueológica que si fai partícipe aos veciños da xestión e divulgación do Patrimonio local, unha diferenza notable co que acontece noutros lares, coma o Centro Arqueolóxico de Barbanza en Neixón, por poñer un exemplo próximo. Neste senso, o discurso arqueolóxico e o discurso popular respéctanse mutuamente até o punto de integrarse o IIº Congreso de Arqueología no propio programa festivo vetón.

Chamartín de la Sierra




Chamartín de la Sierra é unha pequena aldea nas estribacións da serra abulense, dende a que se dominan as amplas terras meseteñas desta zona de Castela. Pobo de pastores, a modesta arquitectura doméstica de granito esmorece paseniñamente. Os seus habitantes son orgullosos do seu e ollan cara ao futuro con respecto ás súas raigames. A comunidade local é a mellor garante do oppidum de Mesa de Miranda, un castro de 30 Ha cunha abraiante necrópole asociada, escavada nos anos 30 e 40 por Juan Cabré e Antonio Molinero. O expecial vencello entre a xente e o seu castro fixo que se organice dende hai anos un Mercado Vetón polo mes de agosto, actividade relanzada polas escavacións levadas a cabo na pasada década por un equipo arqueolóxico dirixido por Javier González-Tablas da Universidade de Salamanca.

Abula papal





O fermoso casco histórico da cidade de Ávila é un escenario que permite percorrer a historia desta zona da Meseta dende o século XII até hoxe. Quen non queira pasear sempre lle queda visitar un Museo del misticismo, onde igual hai uha sala para levitar a prezos populares, nunca se sabe. Ou tomar nota do estilo castelán para solventar débedas, ou admirarse da capacidade de adaptación dos comerciantes chineses, ou ver igrexas e conventos que pasaron a mellor vida...

Nacionalcatolicismo


Hoxe aparece nos medios de comunicación a trifulca mantida onte nun pobo abulense entre a xente de orde e os membros dunha asociación local de recuperación da memoria histórica co gallo do traslado dos restos dunhas vitimas da vesania falanxista en 1936. Estes días estivemos en Ávila e arredores e puidemos comprobar a materialización da idea da cidade como berce da ideoloxía nacionalcatólica, como santuario que conecta o fascismo co misticismo e o Imperio español do século XVI. Na fotografía tedes unha placa que se mantén fachendosa na ábsida dunha igrexa conventural abulense:

EN ESTA CIUDAD CUNA DE SANTA TERESA DE JESÚS Y CAPITAL DE LA PROVINCIA QUE VIO NACER A LA GRAN REINA ISABEL LA CATÓLICA NO SE TOLERARÁN OFENSAS A LA MORAL DE CRISTO BAJO NINGÚN PRETEXTO.
ÁVILA ES LEAL, NO TRAICIONARÁ A LOS CAÍDOS DURANTE LA CRUZADA GLORIOSA POR DIOS Y POR ESPAÑA.
ÁVILA, MAYO DE 1941.
¡ARRIBA ESPAÑA! ¡VIVA CRISTO REY!

Dito e feito: en 2011 aínda se escoitan cousas de estas, senón que llo digan aos putos rojos que estiveron onte en Poyales de Hoyos.

4/8/11

Chamartín


Mañá marchamos a Chamartín (Avila) onde fomos convidados a participar no IIº Congreso de Arqueología coa ponencia Una aproximación a la Arqueología de la Arquitectura castreña: experiencias desde Galicia. Nesta vila abulense celébrase o afamado mercado vetón e o primeiro concerto de Rock vetón. Alí estaremos para disfrutar da experiencia, dentro e fóra do congreso, porque todo é arqueolooxía nestes tempos de patrimonialización a esgalla. Informarémosvos en tempo real, coma sempre.

Fotografía: reconstrución dunha casa do castro de Mesa de Miranda, feita pola empresa 3d Virtualidad, que participará no IIº Congreso de Arqueología de Chamartín coa comunicación titulada Nuevas tecnologías aplicadas a la Prehistoria. Hipótesis de Reconstrucción Virtual de la Casa C del Castro de Mesa de Miranda.

O programa completo do congreso en
http://www.arqueologiachamartin.com/

3/8/11

Arte castrexa cntemporánea


Para moitos, a Arqueoloxía científica remata no estadio anterior. Para nós, non. O labor de socialización do Patrimonio arqueolóxico leva a divulgar e difundir esta cultura material máis alá dos museos e das aulas didácticas. Neste caso, as alfareiras da Fundación Terra Termarum de Cuntis fixeron unha réplica exacta que comeza a estenderse polo país, acadando novas funcionalidades e significados no presente. A arte castrexa convértese en arte contemporánea. Velaquí tedes unha fotografía de Soledad Felloza duns mirabeis do Rosal, que agroman da xerra Toralla neixonense.

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/page/3/

Xerrando representacións 3D






Aqui tedes a famosa xerra Toralla inzada de ornitomorfos tras pasar polo modelado 3D da nosa compañeira Patricia Mañana (Incipit, CSIC). Unha excelente ferramenta para a investigación sobre a cultura material da Idade do Ferro.

http://csic.academia.edu/PatriciaMananaBorrazas

Debuxo arqueolóxico


A xerra Toralla profusamente decorada exhumada por nós nas escavacións arqueolóxicas no Castro Grande de Neixón en 2007 serviranos para amosar a variabilidade actual na representación arqueolóxica e artística da cultura material protohistórica. Na figura vedes o debuxo arqueolóxico 2D, feito con mestría polo noso debuxante Anxo Rodríguez Paz. Esta é a forma clásica que tan ben queda nas publicacións en papel de artigos e memorias científicas.