25/8/11

Campo de concentración



Era ya de día y el pueblo de Rianjo sabía de nuestra partida. Al pasar por sus calles, las jóvenes que tenían 'ahijados' en la expedición, se despedían de ellos desde las puertas y las ventanas de las casas. Les llamaban por el nombre, les decían 'adiós' y les pedían que les escribiesen cuando pudiesen. Un hecho sin importancia como éste, no le gustó al alférez, el cual ordenó al sargento: 'Tome nota de esas rojas que luego les daremos un escarmiento'. Este consistió, según se supo después por cartas, en una paliza, una dosis abundante de aceite de ricino y corte del pelo al cero.

Testemuño de Llera Iglesias recollido en X. Comoxo, X. Costa e X. Santos (2003): Rianxo na Guerra Civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra. 1937-1939. Noia: Concello de Rianxo: páx. 38.
Cando caiu a Fronte do Norte en outubro de 1937, presos republicanos asturianos e leoneses foron confinados nas Rías Baixas en campos coma o de Rianxo.
Os presos, enfermos, cheos de piollos e outros parásitos, eran levados a bañarse no mar ao pé do peirao. Dende alí vían de fronte os Castros de Neixón. No campo de concentración do Castelo, en Rianxo, morreron, de enfermidade e trato inhumano, á marxe da Convención de Xenebra, quince homes (que se saiba):

Anselmo Borbolla Cabezas (8-12-1937)
Antonio Ojeda Otero (20-12-37)
Julio Tresguerres Brabo (2-1-1938)
Narciso Pendás García (2-1-1938)
José Bravo Feito (7-1-1938)
Óscar Menéndez Menéndez (12-2-1938)
Andrés de la Torre Fernández (28-2-1938)
Bartolomé Pérez Muñoz (24-9-1938)
Basilio Poyatos del Pozo (17-12-1938)
José Castello Vals (24-12-1938)
Juan Velasco Pérez (26-12-1938)
Juan Grau Oller (8-1-1939)
Juan Solías Abert (26-1-1939)
Rafael Fernández Boquete (25-3-1939)
Hermenegildo Pubill Juvilla (6-4-1939)

(Listado tomado de X. Comoxo, X. Costa, X. Santos, op. cit.: páxs. 74-76.

Algúns deles loitaron até a fin defendendo os portos da cordilleira cantábrica para evitar a ofensiva final franquista en setembro de 1937.

Fotografía de Xurxo Ayán: ruínas do campo de concentración de Rianxo. As pedras da paredes estradas polo chao, agora un solar onde se ergue unha moderna urbanización. Xuño de 2007.

1 comentario:

Nemigo dijo...

o dos campos de concentración-exterminio franquistas é un escándalo. Non hai aeroporto, estrada, vía do tren, presa, ponte, etc que nos primeiros anos do franquismo se fixese sen presos políticos. Non hai por ningures ren que lembre isa explotación. Ata o aeroporto de lavacolla foi feito por presos políticos. Nin pra unha praca hai lembranza de todo ise horror