7/3/11

Neix-Ons


Unha vez que se coñece a realidade das rías, que se escava en Neixón ou n'A Lanzada imos colléndolle o gusto ás Rías Baixas. A este paso nunca abandonaremos a ría de Arousa. O noso grupo de traballo do CSIC acaba de obter un proxecto do Plan Nacional de I+D para estudar os procesos de formación e cambio da paisaxe cultural do parque nacional das Illas Atlánticas (2011-2013). Este proxecto interdisciplinar está dirixido polas nosas compañeiras Paula Ballesteros Arias e Cristina Sánchez-Carretero (INCIPIT). Nós participaremos na vertente arqueolóxica do proxecto, que contempla a prospección intensiva das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e a elaboración dun estudo de arqueoloxía do pasado contemporáneo con especiel fincapé na análise arqueolóxica das aldeas abandonadas. Unha nova ocasión para aplicar a nosa experiencia neixonense e lanzadeira. Seguiremos informando.

Fotografía: Castelo dos Mouros na illa de Ons. Fotografía de Paula Ballesteros.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/03/07/csic-cataloga-patrimonio-arqueologico-etnografico-parque-illas-atlanticas/524574.html

1 comentario:

José Luís do Pico Orjais dijo...

Caro Xurxo: E que passa com a Ilha de Arousa? Nem somos Ilha? nem somos Atlânticos? Nem somos arqueologizáveis?

http://ilhadeorjais.blogspot.com/2009/03/no-ano-1931-um-medico-santiagues-viajou.html

Orjais