10/6/10

Publicación nova páxina web


Hoxe, xoves 10 de xuño a partires das 12.00 horas o Proxecto “Nomes e Voces” fará pública en rede o novo deseño e contido da súa páxina Web nomesevoces.net
Esta nova aplicación está pensada como unha ferramenta de investigación e difusión dos resultados da investigación da represión franquista que o Proxecto Interuniversitario está a desenvolver desde o ano 2006. A principal novidade son as bases de datos de imaxes, voces e nomes. Así, pódense consultar ás vítimas que sufriron a represión franquista en Galicia entre 1936 e 1939 - 14.704 nomes- a través dun resumo do seu proceso represivo xunto a unha imaxe e á súa voz ou a dun familiar onde nos relata a experiencia vital desa persoa.

www.nomesevoces.net

No hay comentarios: