24/6/10

Patrimonio Cultural e Desenvolvemento


Os seguidores e seguidoras de Arqueoneixon sabedes que unha teima nosa é o papel da Arqueoloxía e a Xestión do Patrimonio como ferramenta de desenvolvemento. Xa coñecedes algo da nosa experiencia en Etiopía, en contextos onde a boa vontade e maila teoría ás veces serven de pouco. Vimos de presentar unha serie de reflexións a este respecto no IV Congreso Internacional Patrimonio Cultural y Cooperación al Desarrollo celebrado na Fundación Tres Culturas en Sevilla a instancias da Axencia Española de Cooperación y Desarrollo. Nas vindeiras semanas iremos amosando máis polo miúdo a nosa experiencia da campaña deste ano en Etiopía, con exemplos interesantes do conflicto de intereses, das tensións e dificultades que conleva a cooperación patrimonial no mal chamado Terceiro Mundo.

Alfredo González Ruibal e Xurxo M. Ayán Vila: Pueblos sin Historia: identidad cultural y desarrollo en el Oeste de Etiopía.

http://www.patrimonioydesarrollo.com/

No hay comentarios: