22/1/10

... e Modernidade


Esta modernización/domesticación do corpo e do espazo doméstico tamén se vencella co éxito das misións evanxélicas. Cada noite a comunidade reúnese na igrexa e os cánticos se apropian do poboado durante horas. Andar espidos, o consumo de cervexa ou aréki (augardente potente), as escarificacións… non son vistas xa con bos ollos para grande parte da sociedade gumuz de Lugo. O abandono do animismo ten o seu correlato tamén no eido funerario. Nos últimos anos comezan a erixirse tumbas de pranta rectangular, recebadas incluso con cemento, coroadas por unha cruz e cun pequeno texto epigráfico en amárico. Novamente a escritura aparece como referente de prestixio, asociado tamén á escolarización, á alfabetización e maila prática evanxelizadora protestante.

No hay comentarios: