30/11/09

¿Quién maneja mi barca?


Temos adicado certo tempo ao estudo da relixiosidade na parroquia de San Vicenzo de Cespón onde a Virxe do Carme, como en todo o litoral galego, goza de devoción popular como patrona dos mariñeiros. Outra cousa é atopar a figura desta Virxe na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no interior do país. Pero claro, estamos no mar interior de Galicia (eses catamaráns) un sitio onde o transporte en barca foi importante non só para cruzar ás dúas beiras, senón tamén para a pesca, a vendima e outras actividades. Deste tema sabe moito o arqueólogo e etnógrafo Lois Ladra. Aconsellamos botarlle unha ollada á súa obra A pesca tradicional nos ríos de Galicia: caneiros, pescos e pesqueiras (Sotelo Blanco edicións, 2008).

Os lubrigantes



Algún día con máis tempo exporemos en Arqueoneixon o catálogo das vinte mellores sinálecticas de temática arqueolóxica no NW da Península Ibérica. Os turistas teñen que tolear; mentres nun castro lle din que os celtas en Galicia non existiron, noutro afirman taxativamente que esta xente era celta sen remisión e así sucesivamente. Así e todo, o récord polo momento, lévao o parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Xa sabedes, Paradores de España, rapazas vestidas de gallegas no comedor, toda a información na lingua do Reino, esa decadencia dun modelo turístico dos anos 1960... No contorno, un espazo bucólico amósase ao visitante, coa casa do Forno en ruínas e estruturas anexas. Alí topamos cunha suposta estrutura circular de pedra chantada sobre medio metro de terra orgánica, e con algún sillar reutilizado orixinariamente pertencente ao mosteiro. Ao carón, un cartel recolle a seguinte información:

Hoy en día se conservan vestigios de Castros Celtas en las cercanías, en estas dos colinas próximas, este en el que nos encontramos y otro en la Colina más alta situada al Oeste, denominado Penedos do Castro, supuesto antiguo Castillo del Rey Visigodo Leovigildo, cuya inscripción Leovigil dux se puee leer todavía sobre una roca.
Los Celtas, Pueblos procedentes del Norte de Europa, poblaron Galicia en el año 700 a. C. y fueron conquistados por los romanos en el año 60 a. C. Existen muchos vestigios de sus fortificaciones (castros), lo que muestra que era un pueblo muy desarrollado. La raza Celta que vivía en Galicia se denominaba Brigante.


Resulta doado pensar como se chegou a este discurso. Un fenómeno preme o botón dun ordenador e copia o primeiro que apareza en google, xa sexa un paragrafo de Saralegui e Medina, de Murguia ou da secta de seguidores de Hercolubus, el planeta rojo. O gracioso do tema é que é unha constatación clara da hipótese que plantexamos para os castros de Neixón, ubicados ao carón dos Lubrigos. Polo tanto, os Lubrigantes eran os antigos habitantes de Neixón, os verdadeiros habitantes dos castros marítimos.

25/11/09

O'Neixón no Bierzo


O Festival de Cine de Ponferrada incluiu o documental O'Neixón: historia viva dun castro na sesión Sen fronteiras que pretende achegar a diferentes localidades do Bierzo documentais centrados na protección, potenciación e divulgación do Patrimonio Cultural. Un motivo de orgullo para o noso equipo, xa que o documental foi concebido coma unha ferramenta divulgativa, coma a materialización audiovisual dunha experiencia que pode inspirar actuacións semellantes noutros ámbitos xeográficos. Doutra volta, serve para leva a realidade de Boiro e Cespón polo mundo adiante, neste caso, polos lindeiros da galeguidade, por esa terra con identidade de seu que é o Bierzo, e por riba con música de Aira de Pedra. Quen dá máis?
O documental exhibirase nas seguintes datas e lugares:

FABERO. Centro Polifuncional. Venres, 27 Nov. 18.00 horas
CACABELOS. M.AR.CA (Museo Arqueolóxico). Venres, 4 Dec. 17.00 horas
VEGA DE ESPINAREDA. Casa de la Cultura. Mércores. 9 Dec. 17.00 horas
BEMBIBRE. Casa de las Culturas. Mércores, 16 Dec. 20.00 horas
TORENO. Casa de la Cultura. Xoves, 17 Dic. 18.30 horas

Hai canteira


No Arqueocampo o alumnado pode coñecer de primeira man non só as técnicas do traballo de campo senón tamén todo o procesado dos materiais e as técnicas empregadas no laboratorio, na fase de gabinete. Coñecen así a resposta a unha das preguntas máis estendidas entre os escolares: a onde van as cousas que atopan os arqueólogos nas escavacións? Outro aspecto destacado da actividade é que se fundaemnta no rexistro arqueolóxico exhumado nas nosas escavacións no castro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra), un xacemento que se converteu nun campo de experimentación da Arqueoloxía social. Neste senso, investiuse moito esforzo na elaboración de materiais didácticos, traballo excelente realizado por Nùria e Xesús (Terceira Persoa, S.L.) auténticos especialistas en Didáctica da Idade do ferro.

Arqueoloxía de campo


Hai unha serie de factores que marcan o atractivo que posúe a Arqueoloxía na sociedade en xeral. O misterio de atopar cousas soterradas. O contacto físico co pasado. A posibilidade de apalpar obxectos e restos materiais de sociedades que desapareceron (véxase o libro de Cornelius Holtorf From Stonehenge to Las Vegas. Archaeology as Popular Culture. Landham: Altamira Press, 2005). Todas estas variables son manexadas de maneira apaixonada polos escolares, que reflexionan sobre a Arqueoloxía a través da práctica, mediante algo que gosta sempre: enzoufarse na terra á procura de respostas.

Nov@s arqueól@gos


As grandes preguntas que guían a investigación arqueolóxica, alomenos no noso caso, sempre foron formuladas por nenos e nenas en actividades didácticas coma o Arqueocampo instalado no centro social do Castiñeiriño. A divulgación forma parte esencial da Arqueoloxía, malia que algúns a consideren sempre como algo a maiores. Alá eles. Este tipo de actividades axuda a recordar, ás veces, os motivos polos cais nos metimos de cheo na Arqueoloxía.

Fotografía: O arqueólogo e monitor Jorge García explica os pormenores dunha escavación aos nenos e nenas do colexio A Solaina de Narón no Arqueocampo.

Tríade


Leonardo González, codirector do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón, pasounos esta fotografía tirada nunha aldea de Muros. A tríade capitolina. Toda unha metáfora material do concepto galaico de casa: ese conxunto de persoas, avenza, animais, cousas... como defende a Arqueoloxía simétrica.

18/11/09

Petrucios en pedra


Velaquí temos a nova tendencia este outono-inverno. As modas na arquitectura rural obedecen a unha confluencia de factores, nos que a emulación de modelos de prestixio xoga unha importancia enorme. Neste sitio a arquitectura tradicional en coio e barro revalorizouse contra todo pronóstico nos últimos anos. Bastou ca un indiano recuperase a tradición (con bo gusto e criterio todo hai que dicilo) para que se precipitase o efecto dominó. Como cando se mercou o primeiro megaconxelador ou o primeiro Ford Scort; aos poucos meses topabas a parroquia inzada destes artefactos. Pero esta nova tendencia xa vai máis alá. A recuperación da memoria tan en boga tamén ten a súa plasmación material no rural; a materialización da memoria deixou os camposantos para adentrarse no espazo doméstico. Como as estatuas de guerreiros nas portas dos castros galaicos, velaquí están os petrucios dando a benvinda.

Cinguindo a porta


Tomamos esta imaxe de http://xornalcerto.blogspot.com/ tirada nalgún lugar de Porto do Son. Interésanos especialmente porque reflicte unha tendencia na arquitectura galega do século XXI, esa arquitectura sen arquitectos. As aguias, os leóns, e mesmo os microondas (xúrovos que o teño visto) empoleirados a ámbolosdous lados da porta ou do acceso á finca. Iso xa é pasado. Agora é o tempo da arte, da escultura, das homenaxes. Evidentemente o feísmo non ten nada que ver con isto. Podemos unir cabos se estudamos a ideoloxía da casa na sociedade campesiña galega, o trunfo das fotos aéreas das casas novas nos anos 80, etc., etc...

Exper-i-ciencia


Exper-i-ciencia é un programa de divulgación que está a desenvolver o CSIC este mes de novembro para achegar o labor científico á poboación escolar. A nós tócanos falar de Arqueoloxía nos colexios A Solaina en Narón e no Instituto de Pontecaldelas mañá e pasado respeitivamente. O curioso é que foi unha solicitude cursada dende estes dous centros despois de visionar o documental O'Neixón: historia viva dun castro. No meu caso concreto, eu decídínme a facer Arqueoloxía con 11 anos despois de que o meu pai me levase ver a escavación do castro de Penalba en 1987 e tras escoitar a conferencia que dera no meu colexio en Pontevedra un arqueólogo chamado Antonio de la Peña Santos. Por iso lle dou tanta importancia á divulgación, unha actividade que xenera vocacións. Iso si, aos rapaces e rapazas que lles entre a nacida de facer Arqueoloxía direilles o que me aconsellaba meu pai no seu día: fai Arquitectura. Os pais case sempre teñen a razón.

17/11/09

E pasaron





Reproducimos a continuación un texto de Arcadi Espada sobre a caída de Barcelona, que pode gostar máis ou menos, pero que nos interesa aquí por moitos motivos (http://www.arcadiespada.es/2009/01/24/24-de-enero):

La caída de Barcelona. No hubo tal. En Barcelona los franquistas no tuvieron que aplastar un sola barricada. Ni desarmar a un solo francotirador. Barcelona fue una ciudad abierta, como el París rendido a los nazis. Un día me hablaba Joan Capri, el humorista, de aquella mañana. Salió a la Diagonal, era un crío, vio pasar los tanques y se puso delante de uno, levantando las manos, para rendirse y provocarlos. No le echaron cuenta y siguieron. Creo que ésa fue toda la resistencia. No sólo eso. Al día siguiente fueron a la plaza las multitudes, y la más hermosa sonreía al más fiero de los vencedores, en perfecta lírica hispánica.
Están las fotos. Es extraño que con las fotos de los desfiles y de las misas de campaña no se haya practicado nunca, que yo sepa, alguno de esos llamativos reportajes basados en la retrospección. Sólo he visto un intento de trabajo (digamos) sobre estas fotografías. Hace pocos días en el suplemento Quadern, del diario El País.
Reproducían una foto de la Gran Vía, con el Ejército de Navarra entrando, camino del puerto. A un lado y en la misma dirección de los militares, caminaba un civil. Las conclusiones que obtenía la autora de la nota eran puramente extraordinarias. La foto simbolizaría la caída: unos entraban y otros huían. La operación hermenéutica, claro está, necesitaba convertir al hombre de las gafas en un patético protoexiliado y el maletín (de médico o de filatélico, quién sabe nada) en una maleta donde iban sus pertenencias. La realidad nunca arredra a los hermenéuticos.
En relación a las fotos yo me conformaría con algo más empírico: observar detenidamente los retratos de la muchedumbre que saludaba a los franquistas y tratar de localizar a los supervivientes, que aún debe haberlos. Este periódico donde te echo las cartas, y que es valiente: que insertara retratos a toda página y encima la leyenda: «¿Fue usted alguno de ellos? ¿Estuvo aquel 27 de enero en la misa de campaña de la plaza de Cataluña, practicando la llamada genuflexión de Barcelona? ¿O el 21 de febrero, en el gran desfile, con Franco presidiendo en aquel balcón, tan barcelonés, de la Diagonal? ¿Puede contarnos su experiencia?» Yo animo al periódico al gran reportaje, y estoy seguro de que tú lo animas conmigo.


A memoria oral e as fotografías dun protagonista dos feitos. O seu diario de guerra e parte de operacións como documento. A prensa da cidade. Os discursos literarios. As preguntas dos historiadores. Este cocktail desactiva calquer debate gremialista e permite achegarnos a un evento histórico (neste caso, a toma de Barcelona polas tropas franquistas) de xeito ricaz e complexo, porque complexa é a realidade do presente, tanto ou máis é a realidade do pasado. Esta é a Historia na que cremos.

Fotografías: Arquivo de J. G. T. (26 de xaneiro de 1939). Cruce do río en Sant Climent de Llobregat, panorámica da Barcelona antes da conquista e xa ocupada.

No pasarán


Mentres o noso artilleiro continuaba o avance cara a Barcelona, na Cidade Condal vivíanse momentos caóticos de perda de esperanza e de fuxida in extremis, pero tamén últimos alegatos a prol da resistencia numantina. O referente do Madrid sitiado, da Cidade Univesitaria (véxase www.guerraenlauniversidad.blogspot.com) volvía reactivarse como icono contra o fascismo. O río Llobregat debía converterse nun novo Manzanares.

13/11/09

Hazañas Bélicas


Velaí vai o discurso radiofónico de Franco co gallo do antedito desfile da victoria en Radio Nacional de España en Barcelona:

Españoles de Cataluña: El grandioso desfile de nuestro invicto ejército por la capital de Barcelona después de liberar hasta el último rincón de las tierras catalanas, es el acontecimiento más grandioso de nuestro renacer. Son los soldados de España, que, curtidos por dos años y medio de duro pelear, sorprenden de nuevo al mundo con su pujanza, demostrándole que la España imperial que un día le imprimió su fe y su carácter está viva en esta juventud gloriosa que supera las marcas y rebasa los cálculos para la conquista de la gloria.
Cuarenta y cuatro días de ofensiva sin un descanso en la batalla bastaron para derrotar al enemigo y llevar vuestra bandera hasta el último pico de los baluartes pirenaicos.
Catalanes, no olvidéis nunca que por la redención de esta querida tierra entregó España su mejor tesoro: ¡la sangre generosa de su juventud!
¡Sublime ofrenda a la unidad de la Patria !
Honrad y glorificad siempre a los caídos heroicamente por tan alta empresa.
¡A nuestros mejores soldados...! ¡¡A los que en los campos de batalla, en el aire y en el mar, entregaron sus vidas alegres por España!!
Símbolo y garantía de nuestro futuro es el Ejército que hoy aclamabais; las filas apretadas y la mirada lejos... ante nada se detiene y por nada se arredra.
Es la juventud en pie y organizada que no llora ante las ruinas de la riqueza perdida, porque se siente con fuerzas para crearla ; que desprecia los bienes materiales porque lleva en su corazón tesoros de espiritualidad y de grandezas y que consagra su vida a servir el destino de España.
¡¡Ejércitos de Tierra. Mar y Aire!!! España siente el orgullo de vuestra gloria, y yo el de mandaros.
Españoles: desde esta tierra, de la gran Cataluña rescatada, gritad conmigo: ¡Arriba España! iViva España!


Fonte: J. Benet. 1973. Catalunya sota el règim franquista. París: Edicions Catalanes de París. 1973. pp. 214-5.
Fotografía: persoal da 41 batería del Regimiento de Artillería de Costa nº 2 posando antes de entrar en combate (arquivo de J.G.T.).

Memoria histórica


Memoria histórica é unha das categorías de arqueoneixon, malia que preferimos outro concepto como memoria colectiva. A memoria é histórica por definición. De feito, para nós, o Patrimonio é a materialización da memoria e do esquencemento. Hoxe estivemos no VII Congreso de Investigadores sobre o franquismo en Santiago de Compostela, como oíntes, nunha mesa redonda sobre o estado da cuestión da represión. Na mesa estaba xente á que hai que ler como Javier Rodrigo da Universidade de Zaragoza ou Emilio Silva da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica. No debate puidemos apalpar as sensacións que agroman neste mundo: reivindicacións gremialistas por parte dos historiadores, afirmacións como que a sociedade non pode marcar a axenda da investigación da Universidade española, tratamento despectivo cara ao labor dos chicos de las fosas , metadiscursos que se reproducen dentro da Academia, patrimonialización corporativista do saber... Mentres os historiadores seguimos nesas vainas, a sociedade vai por outro lado e non hai excusas que vallan. O asociacionismo memoralístico basease nunha demanda real por parte dun sector importante da sociedade española. Se os historiadores consideran que non deben estar aí, ese é outro problema que dexenera nunha negativa percepción social da disciplina. Sexa como for, compartimos a opinión de Emilio Silva cando aconsella amablemente aos historiadores que se acheguen alomenos unha vez na vida á escavación dunha foxa como experiencia persoal que axuda a comprender moitas cousas. Como dixo Manuel Rivas nun prólogo a un impactante libro de fotografías (Memorias de la tierra), un destes voluntarios e arqueólogos que exhuman foxas ten feito máis pola xustiza e a reparación das víctimas cun paletín e unha espátula ca todo un Estado. Outro problema é a cegueira que leva a pensar a algúns historiadores que son os detentadores do saber, cando o fenómeno da represión está a ser abordado por antropólogos, psicológos, sociólogos, forenses, arqueólogos, etc... Para nós o gremialismo é unha rémora do Antigo Rexime que segue a presidir a vida deste país. Somos os primeiros en facer unha autocrítica. Nós somos dos que pensamos que unicamente hai bos e malos investigadores. Outro día seguiremos desbardallando sobre estes temas, que nos interesan moito pola nosa investigación etnoarqueolóxica sobre o wolfram, a guerrilla e demáis. Neste traballo dimos cun arquivo familiar abraiante, dun home de 93 anos que marchou á guerra cunha cámara de fotos. Reproducimos a continuación un extracto do diario de operacións deste cabo de artilería en xaneiro de 1939 na ofensiva sobre Catalunya. Lendo, que máis dá que un sexa arqueólogo, historiador ou Perico de los Palotes?

Día 22. a las 9 de la mañana salimos para Villafranca del Panadés (sic) donde al llegar recibimos orden de proseguir la Marcha hacia Canyellas, punto central De la línea alcanzada por nuestro C. de E.
Día 23. A las 5 de la tarde salimos de Canyellas en dirección a San Cugat de Sasgarrigas donde llegamos a las 6 horas de la tarde acampando y pernoctando.
Día 24. A las 7 de la mañana continuamos nuestro avance sobre Barcelona pasando la noche en Vegas.
Día 26. Salimos de este pueblo a las 7 de la mañana en dirección a San Clemente de Llobregat donde emplazando la batería cooperó con sus fuegos al paso del río Llobregat y conquista de los pueblos San Feliu de Llobregat, San Justo y San Baudilio.
Día 27. A las 11 de la mañana salimos en dirección a San Adrián de Besós recibiendo nueva orden de alojar la unidad en Barcelona.
Día 28. Se recibe orden de salir para Gavá y en esta situación finalizó el mes.
Mes de Febrero.
Desde el día 1º al 12 descansó el personal.
Día 12. Se recibe felicitación enviada por el gral. Jefe del Cuerpo E. M. por la liberación de Barcelona, también se recibe orden de preparar el material y el personal para el desfile y desde este día al 20 se invirtió en esta operación.
Día 21. Se desfila y pasa revista S. E. el Generalísimo a este Grupo en unión de las fuerzas que tomaron parte en la liberación de Cataluña: a las 5 y media de la tarde se emprende la marcha hacia Falset donde llegamos a las 8 de la noche. Se recibe felicitación del Coronel Jefe de Artillería del C.E.M.

Fotografía: J.G.T. e dous compañeiros da 41 batería del Regimiento de Artillería de Costa nº 2 trala toma de Barcelona, posando na contorna do Arco do Trunfo (Arquivo de J.G.T.).

11/11/09

O berce do protomártir


Ao carón da casa cuartel da Guardia Civil en Tui atópase unha casa en ruínas, restaurante sonado noutros tempos. Neste inmoble naceu Calvo Sotelo. Dúas placas recordan a súa figura. A primeira é unha homenaxe dos seus paisanos cando era Ministro durante a ditadura de Primo de Rivera. Este rexime acolleu unha manchea de tecnócratas dereitistas que supostamente querían superar o sistema caciquil da Restauración para modernizar España. Prado Lameiro, Losada Diéguez e o propio Risco foron algúns dos que participaron nos primeiros anos desta experiencia dictatorial. A segunda placa, menos rechamante, recorda o aniversario do seu martirio, punto de saída do golpe de Estado de xullo de 1936. Cando se pendurou esta segunda placa en 1937 xa pasaran moitas cousas na vella cidade: a resistencia alongada contra o golpe, a feroz represión, o monte Aloia reconvertido nun sinistro paredón, a fuxida polo Miño cara a Portugal...

Exposición


Dende hoxe atópase na Biblioteca Municipal da Casa de Cultura de Tui a exposición fotográfica Onde as rúas non teñen nome: unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo gumuz (Etiopía occidental) organizada polo Laboratorio de Patrimonio do IGPS (CSIC). Estára aberta ao público até o 11 de decembro deste ano.

Fotografía: edificio neogótico que alberga a Casa de Cultura de Tui: ex-hospital, ex-cuartel, ex-instituto.

5/11/09

In Petra Inscripta


O castelo medieval do Formigueiro completa unha impresionante paisaxe cultural. A limpeza do petróglifo ao carón do alxibe amosa unha secuencia de motivos que acompañan a monumental espada que se vía anteriormente. Unha proba máis dos camiños que quedan por deslindar na inexistente Arqueoloxía medieval galega.

Fotografía: Virginia Castro Hierro.

Formigueiro for ever


A nosa compañeira Yolanda Seoane Veiga (LAPA, CSIC) dirixe un proxecto integral de xestión do patrimonio arqueolóxico no concello de Chaos de Amoeiro (Ourense). O estudo sistemático da zona está a fornecer novos achados, dende petróglifos inéditos, até pezas castrexas reutilizadas, pasando por aldeas abandonadas. Pero non só iso, os sitios xa coñecidos non deixan de abraiar. Pódovos asegurar que eu debín de estar unhas vinte veces en Formigueiro, de arqueólogo, de guía, de monitor, de curioso de fin de semana. Coñeciamos a tumba escavada na rocha ao carón da capela (a tumba do santo), pero descoñeciamos por completo esta nova tumba antropomorfa, agochada durante décadas até que o dono da casa limpou a beira da ruela. Abraiante o espesor histórico desta fermosa aldea.

Fotografía: Virginia Castro Hierro.

3/11/09

Tristes trópicos


Pois si que veu copioso o día de defuntos este ano. Marcharon ao alén tres grandes que amosaron cada un á súa maneira a complexa natureza humana: o actor José Luis López Vázquez, o literato Francisco Ayala e o antropólogo Claude Lévi-Strauss. A verdade é que un non sabe quen dos tres era o antropólogo. Descansen en paz.

Fotografía tomada da páxina web de rtve.

2/11/09

Faranji


Vivimos no mundo da Rede 2.0, dos e-books, do xornalismo dixital. Cando un escrebe faino coa intención (confesa ou non, agochada ou non) de que o lea o maior número de xente posible. Dende hai un par de anos temos escrito un fato de textos sobre a nosa experiencia etnoarqueolóxica na primeira viaxe que fixemos a Etiopía no inverno de 2006. Este libro real pero virtual titúlase Faranji (guiri en amhárico). Cada semana iremos facendo entrega dun capítulo (seguindo o modelo das novelas decimonónicas) no Xornal Certo. Faranji é unha mestura de xéneros que combina fotografías e textos. De feito é un complemento da exposición Onde as rúas non teñen nome: unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo gumuz (Etiopía occidental) comisariada por Sonia García Rodríguez (LAPA, CSIC).

A primeira entrega de Faranji en http://certo.es/index.php?page=faranji-limiar