14/12/09

Sociedade da información


A primeira vez que fomos a Lisboa foi en 1988. Ao día seguinte de marchar comezaba a arder o Chiado. Daquela o meu pai, que viviu na Barcelona de finais dos anos 50 e comezos dos 60, comentaba que moitas cousas da capital portuguesa lle recordaban á súa infancia na Cidade Condal. Rapaces apreixando como piratas a culeira dos tranvías, xente lendo os titulares da prensa pendurada nos quiosques, a roupa e os manteis cubrindo coma un bosque de ribeira os estreitos calellos, as fegresías artellando a identidade dos barrios. Vinte anos non son nada. E Lisboa segue sendo esa antiga capital colonial debruzada sobre o mar, escoando entre a fermosa decadencia e o futuro sempre prometedor. Algo así debe ser a saudade.

No hay comentarios: