25/11/09

O'Neixón no Bierzo


O Festival de Cine de Ponferrada incluiu o documental O'Neixón: historia viva dun castro na sesión Sen fronteiras que pretende achegar a diferentes localidades do Bierzo documentais centrados na protección, potenciación e divulgación do Patrimonio Cultural. Un motivo de orgullo para o noso equipo, xa que o documental foi concebido coma unha ferramenta divulgativa, coma a materialización audiovisual dunha experiencia que pode inspirar actuacións semellantes noutros ámbitos xeográficos. Doutra volta, serve para leva a realidade de Boiro e Cespón polo mundo adiante, neste caso, polos lindeiros da galeguidade, por esa terra con identidade de seu que é o Bierzo, e por riba con música de Aira de Pedra. Quen dá máis?
O documental exhibirase nas seguintes datas e lugares:

FABERO. Centro Polifuncional. Venres, 27 Nov. 18.00 horas
CACABELOS. M.AR.CA (Museo Arqueolóxico). Venres, 4 Dec. 17.00 horas
VEGA DE ESPINAREDA. Casa de la Cultura. Mércores. 9 Dec. 17.00 horas
BEMBIBRE. Casa de las Culturas. Mércores, 16 Dec. 20.00 horas
TORENO. Casa de la Cultura. Xoves, 17 Dic. 18.30 horas

1 comentario:

carlos dijo...

iremos ó cine ó Bierzo mentras non nos fajan picar leña !!!!!!!!!