15/9/09

Almacenando


Vén de saír do prelo o volume de Actas do Congreso sobre Sistemas de almacenamento entre los pueblos prerromanos peninsulares organizado pola Universidade de Castilla-La Mancha en novembro de 2007. A nosa ponencia, ampliada e con meirande aparato gráfico podedes consultala no apartado de producción científica no PDF titulado Ciudad Real. A referencia da versión publicada é como segue:

Parcero Oubiña, C. e Ayán Vila, X. M. 2009. Almacenamiento, unidades domésticas y comunidades en el noroeste hispánico. En R. García e D. Rodríguez (eds.): Sistemas de almacenamiento entre los pueblos prerromanos peninsulares. Colección Humanidades, 103: 367-422. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Neste traballo encetamos unha visión diacrónica do proceso cara á división social experimentado polas comunidades do NW dende o Bronce Final deica a romanización, partindo das evidencias arqueolóxicas (ausencias e presencias) sobre a acumulación de excedentes agrarios. O Castro Grande de Neixón é un dos xacementos abordados no traballo.

1 comentario:

Xervasio Burés dijo...

Como haxa que ler todo ese artijo para saber o que jardaban os nosos ansestros, imos aviados! Non haberá un resumo por aí? Ou estaba nos paneis do castro cando estaban enteiros e non nos deu tempo a velos? Sería bo para a divuljasión que fixerades un resumo, do tipo, había trijo e mijo, amijo. O pan de millo houbo que esperalo demasiado, ijual que o tabaco (por se Barbeito di que os seltas fumaban sen filtro)