14/7/09

O pedrolo

Tras anos de ter traballado en Avaliación e Corrección de Impacto Arqueolóxico en Obras Públicas, un pensa que xa o viu todo, pero non. A realidade sempre supera á experiencia. Esta fotografía é abraiante. Un miliario romano perfectamente conservado agromou da terra nas obras do AVE en Pontevedra. A 300 m desta zona escavouse e publicouse un miliario hai ben pouco, e se tiña constancia da aparición doutros miliarios no século XIX. Malia diso non houbo cautela arqueolóxica, polo que non existía seguimento arqueolóxico. Agora seica se vai pedir a paralización das obras; para escachar a rir. Son estes os detalles que nos fan quedar -aos arqueólogos e á Administración- de pena diante da sociedade. Pero o mellor de todo é a microhistoria do achado. Unha pala mecánica que saca o pedrolo e o envorca para un lado. Unha veciña que vai ver unha finca e se fixa na pedra; chama a un policía municipal que se decata do que é e informa a Patrimonio... A sociedade non nos necesita; unha vez máis, cheagmos tarde.

Fotografía: El Correo Gallego.

1 comentario:

gg dijo...

Joer, qué impresionante o pedrolo e qué triste como se atopou!!
Pois agora esperemos que se atopen máis nesa zona, e xa pedindo, pois unha mansio, rico, rico