17/6/09

Xornadas de Dinamización do Patrimonio Cultural

Veñen de presentarse as Xornadas de Dinamización do Patrimonio Cultural 09 de Vimianzo no que se proxectará o documental O'Neixón: historia viva dun castro. Unha nova oportunidade para aqueles boirenses interesados que aínda non puideron ver este produto na súa casa grazas ao bo facer do Concello de Boiro. Mentres festivais, institutos, asociacións e concellos de toda Galicia se interesan polo documental para proxectalo (Serra de Outes, Cuntis, Marín, Celanova, Vimianzo, etc...) a cutre damnatio memoriae promocionada polos nosos malos-malísimos amigos boirenses fai que sexa descoñecido este produto de divulgación e promoción do propio Concello de Boiro. Paradoxos do destino. Si, é certo, no Centro Arqueolóxico de Barbanza non se atopa a disposición do público nin a segunda monografía de Neixón nin o documental; xa se sabe que ámbolosdous se refiren a un xacemento que se atopa a milleiros de kilómetros de distancia. Ademais, aos milleiros de visitantes non se lles perde nada informándose ou querendo saber sobre os castros de Neixón. Que vai ser isto da Arqueoloxía pública, deus nos libre. Todo un modelo a seguir na xestión do Patrimonio. Ben feito, si señor.

4 comentarios:

presi dijo...

Qué peligro cuando se usa la política o al político con fines tan sucios y estos se dejan usar. El onagrismo al poder, si el documental y el libro no están en el centro = no existen, razonamiento típico de primates no evolucionados.

lorcho dijo...

Total de quién es el yacimiento... ¡¡Sera mío!! ¡¡tiene que serlo!!! mi tesssroro!!! No, claro; el saber no pertenece a la sociedad, y la pasta que se invierte no tiene por qué revertir en la comunidad, que qué-saberán-eles. Como en nuestra niñez: Como yo no me ajunto...

Gonzalez-Ruibal dijo...

Segundo o historiador Carlo Cipolla
"Unha persona é estúpida se lle provoca dano a outra persoa ou grupo de persoas sen receber ningunha ganancia persoal, ou ainda peor, provocándose dano a eles mesmos".
Coa súa actuación, o Concello de Boiro perxudica a quenes levan anos traballando no Neixón; perxudica á xente de Boiro, ao maltratar un ben cultural qe é chave na historia do concello e un grande fito de atracción turística (se se xestionase ben); finalmente, perxudicase a si mesmo ao ficar diante de todos como un concello ruin no seu xeito de actuar e desnortado en materia de patrimonio. Magníficos logros os do Concello de Boiro, magnífica a imaxe que dan de si mesmos.

carlos dijo...

Ayan podedes estar orgullosos do voso traballo no Neixon.Esa é a maneira de facelas cousas ainda que a algun ilustre? concelleiro i á sua rémora non o entendan.