11/2/08

Xenerais do Ulla

Os berta da zona de Was'i, na fronteia etío-sudanesa, conservan os relatos orais da época da segunda guerra mundial, nos que se lembra aos italianos fuxindo en desbandada perante a chegada das tropas belgas e británicas. Mesmo celebran unha sorte de Antroido, disfrazándose de occidentais. Un sde británicos, outros de italianos. Resulta curioso como os conflictos bélicos dan lugar a festas populares. Está ben tomar a risa a falsa dignidade e orgullo dos guerreiros. En liñas xerais as referencias orais correspóndense coa realidade bélica daquel momento. Foi sonada a rápida conquista da colonia italiana en 1941. O exército do Duce, en moitas ocasións, abandonou as posicións sen disparar un só tiro. E en Was’i non atopamos nin un só casquillo de bala. Unha proba arqueolóxica dun episodio da 2ª Guerra Mundial. A Arqueoloxía e unha arma contra o fachendoso militar de turno. Un grupo progre de arqueólogos estadounidenses fixo escavacións e prospecións arqueolóxicas en Little Big Horn, onde, segundo a historiografía ianqui, o xeneral Caster e o mítico 7ª de Cabaleiría sacrificáronse até o final, disparando até a última bala. Pois ben, a investigación arqueolóxica amosa que os valentes próceres do Exército ianqui fuxiron en desbandada, como así se ve ao analisar a dispersión dos casquillos de bala na chaira que rodea o lugar.

No hay comentarios: