15/6/07

Ceda o paso


Un cruceiro decapitado nun accidente mortal, nun perigoso cruce de camiños por non ceder o paso ao Progreso, por culpa dus contenedores de lixo. É o que teñen os ángulos mortos. Os políticos, pendurados das farolas, ademáis de prometer unha rotonda, negociar un acceso ao desdoble da vía rápida, unhas cantas cunetas limpas, e alquitrán para as corredoiras, garanten que este cruceiro guillotinado non volva conducir na vida. Cousas do carnet por puntos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

si, oh, e imos deixar a ciudade da kultura orfa de presupostos por arrenxar esa corredoira e esa pedra falica???
por favor, excavadora a cero e problema resolto, o fin e o cabo como dixo aquel ilustre politico "as pedras non son mais que pedras"

Unknown dijo...

A maior parte das veces unha pedra e algo máis ca unha pedra...

"No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha unha pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.

Nunca me esquecerei desse acontecimento
na vida de minhas retinas tao fatigadas.

Nunca me esquecerei que no meio do caminho
tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
no meio do camiño tinha uma pedra."

Carlos Drummont de Andrade
(Revista de Antropofagia, 1928)

Ah, por certo: A min o que me vai é a cervexa...